CLUB DE NARRATIVA 2º ESO: EL PRÍNCIPE DE LA NIEBLA

Dedicamos a última reunión do noso Club de narrativa de 2º de ESO ao comentario de El príncipe de la niebla , do autor catalán Carlos Ruiz Zafón. Esta novela narra a historia da familia Carver que, escapando da guerra, chega a unha casa construída preto dunha praia e cargada de misterio. A estraña morte de Jacob, o fillo dos antigos propietarios, empeza a aclararse coa chegada do Príncipe da néboa, un desacougante personaxe capaz de conceder calquera desexo a unha persoa... a un prezo moi alto. As participantes neste Club gozaron enormemente desta novela de aventura e misterio. Por riba de todo destacaron o suspense presente en toda a novela (que incluso lles provocou un certo medo nalgún momento) e o papel dos personaxes adolescentes, sobre todo de Max, que evoluciona a medida que avanza a trama, para converterse nun rapaz forte, valente e xeneroso. Tamén salientaron o xiro dos acontecementos que supuxo o descubrimento de quen é realmente Roland e ...