Entradas

Mostrando entradas de mayo, 2023

CLUB DE ADULTOS: RELATOS DE MANUEL RIVAS E ROALD DAHL

Imagen
O pasado 30 de maio, o noso Club de Adultos reuniuse para comentar as lecturas propostas: catro relatos de Manuel Rivas ("Que me queres, amor", "A lingua das bolboretas", "Carmiña" e "Un saxo na néboa") e dous relatos de Roald Dahl ("Cordero asado" e "La señora Bixby y el abrigo del coronel"). Como sempre, foi unha xuntanza moi animada. Comentamos a capacidade de Rivas para trasladarnos á Galiza da época, a súa fantástica caracterización dos personaxes e a súa habilidade para transmitir sentimentos, sensacións e percepcións. Destacamos de entre todos os relatos "A lingua das bolboretas", que a todos e todas nos fascinou por amosar a tenra relación entre un mestre republicano e o seu alumno Moncho, un neno de oito anos que se incorpora á escola despois dunha longa enfermidade. Aproveitamos a coxuntura para analizar a adaptación cinematográfica que fixo José Luis Cuerda dos textos de Rivas, e para defender, case maiori

CLUB DE LECTURA 4º ESO: LAS CHICAS DE LA HABITACIÓN 305

Imagen
  O día 30 de maio, o noso Club de narrativa de 4º de ESO reuniuse para comentar a última novela de Ana Alcolea.  Neste libro, a autora de Zaragoza narra a historia de seis rapazas de clase obreira e campesiña que comparten habitación nun internado. A súa convivencia non sempre resulta fácil, pero pouco a pouco van compartindo experiencias e madurando ata converterse en boas amigas. Curiosamente, os e as participantes na actividade amosaron bastante curiosidade pola personalidade de Manolita, unha das protagonistas do texto caracterizada pola súa extrema religiosidade.   Non obstante, foi comentario xeral entre os nosos lectores e as nosas lectoras o escaso interese que espertou a novela neles e nelas por tratarse dunha obra de escasa acción e con excesivas referencias históricas que, ás veces, non viñan moito ao caso. Moi críticos os asistentes ao Club!!!!

CLUB MANGA BACHILLERATO: AO NO FLAG

Imagen
    O pasado 23 de maio reunímonos cos e coas participantes no noso Club de Manga de Bacharelato para seguir comentando Ao no flag , a marabillosa creación de Kaito.  Rápidamente retomamos a historia da homosexualidade de Touma e das inseguridades do rapaz ao ser consciente de que se se mostra tal e como é, pode volver a moita xente contra el. Pero tamén analizamos a historia de Itachi, a mellor amiga de Futaba, que se sente atraída polas mulleres. Todos destacamos o carácter cínico desta rapaza e o feito de que se obrigue a manter relacións con homes polos que nunca se sentirá realmente atraída, para deixalos pouco despois. Pero tamén comprendimos que en realidade Itachi ten levantado un muro para evitar sufrir, un muro que non existe para Touma, co que mantén algunha das conversacións máis conmovedoras do manga, dada a súa conexión mutua por ser homosexuais e por ocultar a súa condición.   E chegamos á conclusión de que a sexualidade e a perspectiva da sociedade xaponesa ante a homo

CLUB DE LECTURA NARRRATIVA FANTÁSTICA: EL VALS DE LA BRUJA

Imagen
 O pasado 16 de maio reuniuse o noso Club de narrativa fantástica para comentar El vals de la bruja , unha amenísima novela de Belén Martínez. Esta narración comeza unha noite na academia Covenant cando Eliza Kyteler e a súa prima Kate Saint German, dúas rapazas Sangue Negra, deciden espertar a todos os fantasmas do camposanto Little Hill, pero o feitizo falla e os que espertan son os cadáveres, que foxen de alí a toda velocidade. Á mañá seguinte, ambas son expulsadas e Eliza é invitada a escoller un marido de forma inmediata. Nunha das festas á que acode en busca de parella, coñece a un Sangue Vermella, Andrei Bathory. polo que sente unha atracción inmediata a pesar de as relacións ente un Sangue Negra e un Sangue Vermella están prohibidas. Pero entón empezan a aparecer Sangues Negras desterrados cun órgano extirpado e a nosa protagonista, que cre que estes asasinatos están relacionados coa morte dos seus pais, decide resolver o misterio por si mesma. E así, xunto con Trece (o seu de

CLUB MANGA BACHARELATO: AO NO FLAG

Imagen
  O pasado 9 de maio reuniuse o noso Club de Manga de Bacharelato para comentar Ao no flag, do autor xaponés Kaito.  É este un manga de instituto que segue as vivencias dun grupo de rapaces de bacharelato que saben que a vida adulta está próxima e que deben tomar decisións importantes para o seu futuro. O protagonista deste manga, Taichi Ichinose, é un rapaz seco e calado que empeza a manter unha relación estreita cunha rapaza chamada Futaba ata que ela lle pide axuda para conquistar a Touma, un amigo da infancia de Taichi e que é totalmente oposto a el (simpático, alegre e amable, o típico rapaz que enamora a todas as súas compañeiras). Xorde así un trío amoroso que deberá madurar a medida que acepta as consecuencias dos seus complexos, medos e decicións.  Destacaron os nosos lectores a forza dos personaxes, a súa diversidade e, sobre todo, a profundidade coa que o autor traballa os seus problemas persoais... porque pronto descubrimos que Touma garda dous grandes secretos: a súa homos