Entradas

Mostrando entradas de marzo, 2023

VISITA DE ANDREA MACEIRAS

Imagen
   O 21 de marzo visitounos Andrea Maceiras para presentar dous libros: A folla azul e Que me pare o corazón se te esquezo . A autora xa nos visitara durante o curso pasado para falar con nós sobre A folla azul , unha lectura que participa do tema que traballamos este curso dende Biblioteca e Dinamización: o cambio climático.   Como actividade tras a lectura da obra, o noso alumnado de 1º ESO elaborou unha serie de marcapáxinas alusivos ao tema que se trata nela.   A novidade deste curso veu da presentación de Que me pare o corazón se te esquezo, a nova novela da autora coruñesa. Esta narración conta a historia de Blue Shiva, unha lenda nas redes sociais que unha noite chuviosa decide suicidarse. Ada, unha admiradora de Blue Shiva, négase a crer na súa morte e enreda á súa xemelga, Lúa, nunha cómplice da súa busca. E, entre tanto, Gabriel regresa á cidade.   Foi esta unha historia que calou moi fondo entre o noso alumnado de 4ª de ESO pola proximidade dos personaxes e, sobre

CLUB MANGA BACHARELATO: SOLO LEVELING

Imagen
E seguimos analizando o manga Solo Leveling , que nos está dando moitísimo xogo durante este curso.  Jimwoo continúa subindo de nivel e mellorando os seus atributos mentres vai de alxube en alxube. Pero nunha das misións acaba por coincidir con vellos coñecidos que se sorprenden profundamente ante os cambios físicos do protagonista. Coma nós, os ansiosos lectores, que tamén estamos asombrados ante a rapidísima mutación física e mental de Jimwoo. Realmente estamos ante unha realidade obxectiva ou ante unha realidade virtual? A pesar de que algún membro do noso Club xa avanzou na lectura da saga, o resto aínda estamos bastante perdidos.    Por que os personaxes secundarios teñen tan pouco peso na historia a pesar de poseer personalidades puntualmente atractivas? Por que Jimwoo non deixa de mellorar en todos os seus atributos a tal velocidade? Ata que punto é o noso protagonista libre nas súas actuacións? Haberá unha man que move realmente todos os fíos da súa vida?  

CLUB DE ADULTOS: LOS BESOS EN EL PAN

Imagen
      Con intención de facer unha pequena homenaxe a Almudena Grandes, falecida o ano pasado, o día 9 de marzo comentamos Los besos en el pan , unha novela coral da autora madrileña que toma como punto de partida a crise do 2008 e relata como superan os habitantes dun barrio calquera eses momentos tan difíciles.  A pesar de que non é a mellor novela de Almudena Grandes, todos identificamos nela moitas características típicas da súa narrativa: a gran cantidade de personaxes, a inclusión de caracteres femininos de gran forza dramática ou a conciencia social subxacente.     Non obstante, tamén criticamos o exceso de maniqueísmo que provoca a inexistencia total de "protagonistas" pouco exemplares, dado que os poucos personaxes con comportamentos reprobables que aparecen na obra ou ben acaban por enmendarse ou ben teñen una presenza moi secundaria. Tampouco nos gustou excesivamente a inxente cantidade de situacións dramáticas que sobrecargan a trama argumental ata límites po

CLUB DE LECTURAS CIENTÍFICAS: ESO

Imagen
  O pasado 2 de marzo celebramos a primeira reunión do noso Club de Lecturas científicas para comentar un relato do autor norteamericano de orixe rusa Isaac Asimov: "Sueños de robot". Nesta narración, Asimov preséntanos a historia dun robot cun cerebro positrónico que lle outorga a capacidade para soñar. Ante este descubrimento, a súa creadora (a doutora Linda Rash) vese obrigada a consultarlle a situación á robopsicóloga Susan Calvin para tratar de adiviñar de onde provén esa anormalidade. E entre as dúas descobren que Elvex (o robot) é capaz de mentir (non anuncia a existencia dos seus soños ata dez días despois de que a situación se presentase por primeira vez) e que se ve como salvador dos seus compañeiros robots, aos que ve escravizados polos humanos. Finalmente Elvex é destruído, pero as mentes dos nosos lectores e lectoras ilumináronse cunha gran cantidade de preguntas. Poden os robots chegar a sentir como seres humanos? Será factible nun futuro unha "revolución d