Entradas

Mostrando entradas de enero, 2023

CLUB DE LECTURA 2º BACH: A ESMORGA

Imagen
   O pasado 24 de xaneiro, o Club de narrativa de 2º de Bacharelato xuntouse para comentar a lectura dun clásico da narrativa galega: A esmorga , de Eduardo Blanco Amor.  Foi esta unha novela que deu moito xogo. Esta crónica intensísima dos tres compañeiros de festa que percorren bebendo a Ourense literaria do autor ourensán (Auria) chegou con intensidade ao noso alumnado. Os nosos lectores destacaron por riba de todo a capacidade do autor para transmitirnos a atmosfera tráxica que pesa sobre uns personaxes brutais, miseirentos e reprimidos. Así mesmo comentaron a valentía do autor para tratar sen eufemismos o tema da homosexualidade (probablemente por vez primeira na literatura galega), e mesmo o da prostitución.

CLUB MANGA ESO: PRESENTACIÓN

Imagen
 O día 17 de xaneiro celebramos a nosa primeira sesión do Club manga de ESO. Realmente a sesión foi unha toma de contacto na que os estudantes se presentaron entre si e falaron dos seus mangas favoritos.      Para finalizar, decidimos que durante a seguinte sesión comentaremos Spy family, un manga que promete grandes doses de diversión!!!  

CLUB MANGA BACHARELATO: SOLO LEVELING

Imagen
 O pasado 10 de xaneiro celebramos a nosa primeira reunión de manga para falar de Solo Leveling , un manga coreano que ten como peculiaridade a lectura tradicional (non se le de dereita a esquerda, como o manga nipón). Posúe, ademais unha ilustración fantástica (unha media de dous ou tres por páxina e a todo color) que non ten nada que envexar ao guión no que se apoia a trama.  Os nosos lectores de manga explicáronnos un pouco a situación previa á historia para que poidamos comprender o que estamos lendo.  O mundo que se mostra en Solo Leveling está ameazado por monstros horribles que pretenden invadilo a través dunha serie de portais que deben ser destruídos antes de que as ameazas cheguen á superficie. Para loitar contra eles, creouse unha Asociación de cazadores que actúa con dilixencia en cada situación de peligro. O noso protagonista, Jinwoo, é o cazador máis débil e torpe do gremio. Pouco a pouco imos coñecendo a Jinwoo e o mundo de cazadores no que se move. E empezamos a sorpre

CLUB DE LECTURA 4º ESO: BE WATER

Imagen
  O día 10 de xaneiro reuniuse o noso Club de 4º de ESO para comentar Be water , unha interesantísima novela da autora de Burela Antía Yañez que entronca, ademais, co tema deste ano: o cambio climático. Esta distopía sitúanos nun futuro no que a humanidade vive enterrada en colmeas lonxe da superficie do planeta. Iolanda é unha adolescente que vive co seu fillo nunha desas colmeas e que padece, como o resto dos habitantes, a tiranía da raíña e a escaseza de auga, que é un ben moi prezado. A estraña aparición dun cadáver desencadea unha serie de acontecementos inesperados e o mundo da nosa protagonista empeza a tambalearse. Foi este un Club moi animado e divertido. En xeral, a novela gustou moito e aos participantes resultoulles moi interesante a trama e a súa resolución. Non obstante, a charla centrouse, sobre todo, na ambientación da narración: un mundo posapocalíptico no que a auga é un ben moi escaso por cuxo dominio a xente podería matar. Porque... Que está ocurrindo co