Entradas

CLUB DE LECTURAS CIENTÍFICAS: ESO

Imagen
O pasado13 de xuño celebramos a segunda reunión do noso Club de Lecturas científicas para comentar un relato do autor norteamericano de orixe rusa Isaac Asimov: "Robbie".   "Robbie" narra a historia dunha nena, Gloria, que ten un robot chamado Robbie como neneira. A nai de Gloria sente que a relación da súa filla con Robbie é antinatural e decide desfacerse del definitivamente. Gloria bota moito de menos ao seu amigo e nada do que fan os seus pais consegue consolala. Ata que un día os seus pais a levan á fábrica onde fabrican robots para que se convenza de que non son seres humanos. Alí, por casualidade, descobre ao seu antigo amigo traballando nunha cadea de montaxe e corre a abrazalo. No seu camiño crúzase un tractor que está a piques de aplastala, pero Robbie corre máis que ninguén ata que a salva. Ante esta acción heroica, a nai de Gloria cede, finalmente, e Robbie volve a casa.   Foi esta unha narración que gustou moito aos nosos rapaces e rapazas que debate

CLUB DE LECTURA ALUMNADO PT: LAS AVENTURAS DE TOM SAWYER

Imagen
  Por petición de Rafa, o noso especialista en PT, profundamente comprometido coa necesidade de estimular a lectura comprensiva entre o alumnado con dificultades de aprendizaxe, decidimos crear un Club de Lectura entre os nosos rapaces e as nosas rapazas de reforzo dos distintos niveis educativos.  Con esa intención mercamos a novela de Mark Twain Las aventuras de Tom Sawyer nunha edición de lectura fácil adaptada para o alumnado con problemas lectores. E realmente, a pesar das dificultades para crear un grupo de lectura e de ser constantes no desenvolvento da actividade, a iniciativa está resultando todo un éxito. A diferenza do que facemos nos outros Clubs de Lectura, nos que comentamos as obras unha vez que se leron na casa, nesta ocasión facemos lectura conxunta en voz alta por capítulos na aula (e non na Biblioteca por cuestións de loxística) para promover a oralidade e para facilitar a comprensión global do texto a partir da análise de fragmentos pequenos. Dada a boa acollid

Visita á ExpOtaku co IES de Catabois

Imagen
  O pasado 26 de maio xuntámonos cos participantes no Club de Manga do IES de Catabois para asistir á ExpOtaku.  Comezamos a xornada nos Xardíns Méndez Núñez cunha xincana para tratar de conseguir que o alumnado se coñecese e puidese colaborar. Con esa intención, organizamos varios grupos mixtos de seis integrantes (tres alumnos de distintas idades de cada instituto) que deberon resolver dous retos: a) Unir as opcións correctas. 1 MANUEL CURROS ENRÍQUEZ Foi ministro do goberno republicano no exilio. 2 EMILIA PARDO BAZÁN Foi o primeiro presidente da Real Academia Galega. 3 DANIEL RODRÍGUEZ CASTELAO Morreu en Cuba. 4 MANUEL MURGUÍA Para poder acudir á universidade tivo que disfrazarse de home. 5 WENCESALO FERNÁNDEZ FLÓREZ Traballou como médico da Armada en Ferrol. 6 EDUARDO PONDAL Odiaba a José Echegar

CLUB DE ADULTOS: RELATOS DE MANUEL RIVAS E ROALD DAHL

Imagen
O pasado 30 de maio, o noso Club de Adultos reuniuse para comentar as lecturas propostas: catro relatos de Manuel Rivas ("Que me queres, amor", "A lingua das bolboretas", "Carmiña" e "Un saxo na néboa") e dous relatos de Roald Dahl ("Cordero asado" e "La señora Bixby y el abrigo del coronel"). Como sempre, foi unha xuntanza moi animada. Comentamos a capacidade de Rivas para trasladarnos á Galiza da época, a súa fantástica caracterización dos personaxes e a súa habilidade para transmitir sentimentos, sensacións e percepcións. Destacamos de entre todos os relatos "A lingua das bolboretas", que a todos e todas nos fascinou por amosar a tenra relación entre un mestre republicano e o seu alumno Moncho, un neno de oito anos que se incorpora á escola despois dunha longa enfermidade. Aproveitamos a coxuntura para analizar a adaptación cinematográfica que fixo José Luis Cuerda dos textos de Rivas, e para defender, case maiori

CLUB DE LECTURA 4º ESO: LAS CHICAS DE LA HABITACIÓN 305

Imagen
  O día 30 de maio, o noso Club de narrativa de 4º de ESO reuniuse para comentar a última novela de Ana Alcolea.  Neste libro, a autora de Zaragoza narra a historia de seis rapazas de clase obreira e campesiña que comparten habitación nun internado. A súa convivencia non sempre resulta fácil, pero pouco a pouco van compartindo experiencias e madurando ata converterse en boas amigas. Curiosamente, os e as participantes na actividade amosaron bastante curiosidade pola personalidade de Manolita, unha das protagonistas do texto caracterizada pola súa extrema religiosidade.   Non obstante, foi comentario xeral entre os nosos lectores e as nosas lectoras o escaso interese que espertou a novela neles e nelas por tratarse dunha obra de escasa acción e con excesivas referencias históricas que, ás veces, non viñan moito ao caso. Moi críticos os asistentes ao Club!!!!

CLUB MANGA BACHILLERATO: AO NO FLAG

Imagen
    O pasado 23 de maio reunímonos cos e coas participantes no noso Club de Manga de Bacharelato para seguir comentando Ao no flag , a marabillosa creación de Kaito.  Rápidamente retomamos a historia da homosexualidade de Touma e das inseguridades do rapaz ao ser consciente de que se se mostra tal e como é, pode volver a moita xente contra el. Pero tamén analizamos a historia de Itachi, a mellor amiga de Futaba, que se sente atraída polas mulleres. Todos destacamos o carácter cínico desta rapaza e o feito de que se obrigue a manter relacións con homes polos que nunca se sentirá realmente atraída, para deixalos pouco despois. Pero tamén comprendimos que en realidade Itachi ten levantado un muro para evitar sufrir, un muro que non existe para Touma, co que mantén algunha das conversacións máis conmovedoras do manga, dada a súa conexión mutua por ser homosexuais e por ocultar a súa condición.   E chegamos á conclusión de que a sexualidade e a perspectiva da sociedade xaponesa ante a homo