Entradas

Mostrando entradas de febrero, 2023

CINE DE ADULTOS: CINEFÓRUM. OUTRA ROLDA

Imagen
 O 15 de febreiro o noso Club de Adultos reuniuse para comentar Outra rolda . Este filme conta a historia de catro profesores colegas e amigos nun colexio danés que loitan contra estudantes desmotivados e contra a súa propia frustación persoal. Nunha festa de aniversario o grupo empeza a discutir sobre a teoría dun psiquiatra que defende que manter un contido estable de alcohol no sangue aumenta a felicidade e a creatividade nas persoas. Martin, o protagonista, que está pasando a crise da mediana idade e ten problemar persoais e matrimonais empeza a beber no traballo para comprobar a teoría e a modo de experimento, e pronto se unen a el os seus amigos. Durante un tempo manteñen o control sobre o consumo de bebidas alcohólicas, pero cando deciden aumentar a inxesta e estender o experimento, ese control desaparece, os seus comportamentos empezan a ser perigosamente erráticos e perigan as súas vidas persoais e profesionais. Martin é abandonado pola súa muller e para reorganizar a súa vid

CLUB MANGA BACHARELATO: SOLO LEVELING

Imagen
  O martes 7 de febreiro reunímonos de novo para continuar cos comentarios de Solo Leveling, un manga que cada vez nos sorprende máis.  Jinwoo consegue saír con vida do que parecía unha muerte segura. Tras espertar no hospital, unha rara pantalla que so el pode ver aparece diante dos seus ollos e empeza a pensar que está ante un renacer. Ao parecer, se cumpre coas misións que aparecen nesa pantalla pode obter puntos e recompensas para volverse máis forte. E todo empeza a mudar para el. Incluso o seu físico. Seguimos profundamente sorprendidos polo cambio do personaxe principal e, sobre todo, pola deriva do manga que cada vez se asemella máis a un videoxogo.     A onde nos levarán Chugong e Dubu co seu manga?   

CLUB DE POESÍA

Imagen
  O pasado 1 de febreiro reunimos por primeira vez ao noso Club de Poesía con intención de que os participantes na actividade se presentasen, falasen da súa concepción de poesía e nos informasen sobre os seus gustos poéticos.   Foi esta unha actividade inicial moi produtiva porque descubrimos que para eles a poesía é un instrumento de transmisión de sentimentos e emocións íntimos, pero tamén un vehículo para comunicar sensacións sobre realidades moi variadas (lugares, obxectos, ideas...). Así mesmo averiguamos que moitos deles eran ávidos lectores de poesía tanto de autores consagrados, como Alejandra Pizarnik, como de autores actuais, menos coñecidos e/ou recoñecididos, como Marwan.

CLUB DE ADULTOS: LOS RENGLONES TORCIDOS DE DIOS

Imagen
 Con intención de traballar o tema da saúde mental, desgrazadamente tan de moda nos últimos tempos, o 30 de xaneiro xuntamos o noso Club de Adultos para comentar Los renglones torcidos de Dios , unha das novelas máis coñecidas do autor madrileño Torcuato Luca de Tena. Nesta narración, Luca de Tena nos traslada a un sanatorio mental onde é internada unha intelixentísima muller chamada Alicia Gould. Segundo o seu psiquiatra, Alicia é unha muller gravemente perturbada que pretende atentar contra a vida do seu home. Non obstante, ela defende firmemente que é unha investigadora privada que debe atopar a un asasino ingresado nesa institución. Para documentarse antes de escribir a súa novela, o escritor de Madrid estivo 18 días ingresado no sanatorio compostelán de Conxo como un enfermo máis. A súa experiencia foi unha peza clave na organización da novela e, sobre todo, na descrición enormemente naturalista da realidade das institucións mentais da época.   A través da lectura dunha obra de pe