Entradas

Mostrando entradas de diciembre, 2022

CLUB MANGA BACHILLERATO: PRESENTACIÓN

Imagen
 O día 20 de decembro celebramos a nosa primeira sesión do Club manga de Bacharelato. Realmente a sesión foi unha toma de contacto na que os estudantes se presentaron entre si e falaron dos seus mangas favoritos.    Como colofón, decidimos que na seguinte sesión comentariamos o primeiro volume de Solo Leveling, un manga coreano que promete moita diversión!!!

CLUB DE ADULTOS: CINEFÓRUM. DOGVILLE

Imagen
Por petición dos membros do noso Club de Adultos, decidimos diversificar a nosa actividade e alternar o comentario de libros co comentario de filmes previamente visionados. Ademais saímos do instituto para realizar xuntanzas en lugares diferentes e a horas máis tardáis do habitual. A nosa primeira experiencia neste tipo partiu do visionado de Dogville , un durísimo filme de Lars von Trier que narra a historia de Grace Mulligan, unha muller que se refuxia en Dogville, unha pequena comunidade de Colorado para escapar dunhs gángsters que a perseguen. Os habitantes de Dogville acóllena a cambio de traballos físicos cada vez máis vexatorios que ela non pode rexeitar para non ser capturada polos seus perseguidores. Pero todo cambia cando se revela quen é realmente Grace e de quen fuxe. Foi este un filme duro de ver e difícil de asimilar para todos e todas. En primeiro lugar destacamos o complicado que supuxo para algún de nós adaptarnos a un escenario minimalista, case teatral, que dificulta

CLUB DE LECTURA 1º BACHARELATO: MASCULINO SINGULAR

Imagen
  O pasado 11 de novembro, e aproveitando a cercanía do 25N, o alumnado do Club de Lectura de 1º de Bacharelato reuniuse para comentar o libro Masculino singular , un poemario do poeta de Lalín Carlos Negro.  É esta unha obra poética profundamente crítica cos comportamentos machistas aínda presentes na nosa sociedade actual. A través do universo poético do poeta lalinés, os nosos rapaces e rapazas mergulláronse nos machismos e micromachismos que nos rodean, e analizaron de forma crítica as súas consecuencias e posibles solucións.  Tras percorrer as distintas composicións da obra, escollemos unha delas, "Baldosas", para realizar posteriormente unha performance e celebrar con ela o 25N. E aquí está o resultado.... Performance "Baldosas"