Entradas

Mostrando entradas de abril, 2023

CLUB MANGA ESO: SPY FAMILY

Imagen
   O día 18 de abril o noso Club de Manga de ESO reuniuse para comentar a lectura escollida: Spy family.  É este un manga dirixido a un público xuvenil e ten un argumento moi interesante para a rapazada. Westalis e Ostania manteñen unha guerra fría, e entre eles son frecuentes tanto os asasinatos a sangue frío coma a espionaxe dos segredos militares. Neste contexto, o mellor axente de Westalis, Twilight, recibe a orde do seu goberno de eliminar ao poderoso Donovan Desmond, da veciña Ostania. Pero as únicas aparicións públicas de Desmond están relacionadas con actividades escolares do seu fillo. Así que o solitario Twilight deberá simular que é un home de familia para achegarse ao seu rival... e dispón de sete días para conseguir unha familia ficticida ideal. Así, o axente reclutará como esposa a unha nova e atractiva rapaza chamada Yor Briar e como filla a unha nena orfa chamada Anya. Pero Yor é realmente unha asasina profesional, e Anya é unha prófuga dun laboratorio segredo que ten

CLUB DE ADULTOS: BENVIDOS AO NORTE

Imagen
  O pasado 18 de abril o noso Club de Adultos reuniuse para comentar un filme francés que acadou gran sona no momento da súa estrea: Benvidos ao norte .  O argumento desta produción gala é moi sinxelo: por empregar fraude para tratar de conseguir un destino mellor, o xefe dunha Oficina de Correos no sur de Francia é degradado e enviado a traballar a unha pequena cidade do norte do país. A muller do protagonista, chea de prexuízos sobre os lugares norteños, rexeita viaxar co seu home e este pretende vivir so durante a semana e viaxar as fins de semana para visitar á súa familia. Pero pronto descubrirá que as cousas son diferentes ao que esperaba, fai bos amigos e empeza a sentirse cómodo naquela zona recóndita. Foi esta unha película que espertou opinións encontradas entre os asistentes á actividade. A pesar de que, en xeral, todos desfrutaron co fino humor que se respira no filme, moitos dos participantes no Club comentaron a esacasa profundidade da liña argumental e o carácter prototí

CLUB DE POESÍA

Imagen
 O 18 de abril de novo reunimos aos membros do noso Club de Poesía con intención de seguir coa actividade. Nesta ocasión lemos unha selección de poemas e comentamos as sensacións que nos transmitiron.  A verdade é que, a pesar de que non resulta doado enfrontarse a creacións deste xénero tan minoritario, o noso alumnado goza enormemente compartindo ideas e opinións sobre textos poéticos seleccionados. Quen sabe se estará a piques de espertar algunha vocación literaria...

CLUB DE LECTURAS CIENTÍFICAS: BACHARELATO

Imagen
 O día 14 de abril visitarnos o coñecido físico galego Jorge Mira. Ademais de polo seu labor científico, o autor é coñecido pola súa intensa actividade divulgativa en prensa, radio e televisión. Publicou tamén diversas obras destinadas a espertar o interese dun público non especialista en cuestións relacionadas co seu traballo como profesor e investigador.                  Nun encontro que durou aproximadamente hora e media, o autor de Baio presentou a súa obra ¿A que altura está o ceo? os nosos alumnos e alumnas.                   Comezou a súa exposición analizando cuestións incluídas no seu libro como o interese que espertou o universo para o hombre dende os albores da humanidade, para proseguir explicando de forma simple e práctica cuestións variadas como por que razóns vemos o ceo azul e o sol amarelo, o como podemos calcular a que distancia está unha estrela.                            Debemos destacar a súa proximidade e a simpatía coa que respondeu as diferentes cuestións que

CLUB MANGA BACHARELATO: SOLO LEVELING

Imagen
 E por fin rematamos a análise da interesantísima serie de mangas de Solo Leveling tras o comentario dos número 4 e 5.   Seguimos sorprendidos pola evolución de Jinwoo ao descubrir que vai ser confirmado como cazador con rango S. A pesar de que este anuncio vai provocar un tremendo balbordo... Todos e todas coincidimos en que neste manga por fin existe un mellor tratamento psicolóxico dos personaxes e das súas relacións. Sabemos algo máis sobre Jinwoo e sobre un novo grupo de cazadores que ata o momento non aparecera na obra. Sobre todo destacamos a aparición dunha protagonista que parece que terá un papel importante na trama (oxalá!!!).