Entradas

Mostrando entradas de octubre, 2022

CLUB DE LECTURA 4º ESO: O HOME QUE PLANTABA ÁRBORES

Imagen
   O pasado 18 de outubro o alumnado participante no Club de Lectura de 4º de ESO reuniuse para comentar unha novela breve e sinxela, pero non por iso menos interesante: O home que plantaba árbores , de Gean Giono.  É esta unha narración que fala da capacidade humana para xerar natureza en espazos baldíos, pero tamén da importancia da constancia, do valor da xenerosidade e sobre todo, da importancia do respectó á natureza, do amor á terra e da aposta pola vida. Relata Giono na súa obra a historia de Elzéar Bouffier, un home que, tras quedar viúvo, decide converter a paisaxe desolada dun val ermo nun verxel coas súas propias mans. E así, de forma altruísta e desinteresada pasa máis de corenta anos da súa vida plantando árbores ata transformar un espazo baleiro e solitario nun auténtico verxel cheo de vida. E nunha biblioteca perfectamente caracterizada con produtos naturais de outono, os nosos lectores e as nosas lectoras amosaron o seu asombro pola actividade desprendida do pastor fran

CLUB DE ADULTOS: O INFINITO NUN XUNCO

Imagen
  O pasado 13 de outubro, e con moita ilusión por parte de todos os participantes, o noso Club de Adultos xuntouse para comentar o fantástico ensaio de Irene Vallejo O infinito nun xunco . É este un libro sobre a historia dos libros e sobre os milleiros de persoas que durante moitos séculos fixeron libros e se encargaron de protexelos: narradores orais, escribas, vendedores ambulantes, tradutores, bibliotecarios...   Realmente todos e todas desfrutamos moitísimo coa súa lectura e foron moitos os comentarios que xurdiron a partir da mesma: a súa enorme orixinalidade, a inmensa erudición, o estilo coidadísimo, atractivo e suxestivo...    Pero, e sobre todo, impactounos a capacidade da autora para conectar lugares e épocas tan distantes como a Alexandría de Cleopatra, os talleres medievais de copias de manuscritos ou as fogueiras de libros prohibidos, ata a Biblioteca de Saraxevo. Porque os libros son fantásticos instrumentos de sabedoría que foron capaces de atravesar o espazo e o tempo

CLUB DE LECTURA 2º BACH: OS VELLOS NON DEBEN DE NAMORARSE

Imagen
  O pasado 11 de outubro os participantes no noso Club de Lectura de 2º de Bacharelato reuníronse para comentar a obra de teatro de Castelao Os vellos non deben de namorarse . Na súa primeira representación, esta obra foi dirixida polo propio Castelao, que tamén se encargou da escenografía. Ten como característica estrutural a súa organización como triloxía encadrada por un prólogo e un epílogo. Cada unha das tres historias que a compoñen conta o amor dun home vello imprudente por unha rapaza nova, e rematan no epílogo que reúne aos tres protagonistas mortos no cemiterio para explicar o sentido da obra. En xeral a obra gustoulle moito ao alumnado participante na actividade, e foron moitos os comentarios que xurdiron despois da súa lectura. En primeiro lugar, o máis obvio: o perigo que corre un home vello cando se namora dunha muller moito máis nova porque pode ser enganado por ela. Algunhas das nosas participantes matizaron esa idea ao sinalar que as rapazas, a pesar de non estar namor