CLUB DE ADULTOS: CINEFÓRUM. DOGVILLE


Por petición dos membros do noso Club de Adultos, decidimos diversificar a nosa actividade e alternar o comentario de libros co comentario de filmes previamente visionados. Ademais saímos do instituto para realizar xuntanzas en lugares diferentes e a horas máis tardáis do habitual.

A nosa primeira experiencia neste tipo partiu do visionado de Dogville, un durísimo filme de Lars von Trier que narra a historia de Grace Mulligan, unha muller que se refuxia en Dogville, unha pequena comunidade de Colorado para escapar dunhs gángsters que a perseguen. Os habitantes de Dogville acóllena a cambio de traballos físicos cada vez máis vexatorios que ela non pode rexeitar para non ser capturada polos seus perseguidores. Pero todo cambia cando se revela quen é realmente Grace e de quen fuxe.


Foi este un filme duro de ver e difícil de asimilar para todos e todas. En primeiro lugar destacamos o complicado que supuxo para algún de nós adaptarnos a un escenario minimalista, case teatral, que dificultaba a identificación co que estabamos vendo. Tampouco resultou doado comprender por que, a pesar do diferentes que son, todos os personaxes (homes ou mulleres; mozos, anciáns ou nenos; ricos e pobres) actúan sobre Grace cunha crueldade semellante. Nin nos pareceu fácil asumir a mensaxe desoladora que parece transmitir o director nórdico sobre o carácter cruel da natureza humana. Pero, sobre todo, foi complexo entender a idea de von Trier de que sen leis de ningún tipo, é o grupo o que establece o que é bo ou malo, e que calquera decisión que favoreza á colectividade pode ser convertida en algo positivo.


 Como conclusión, todos comprendimos (aínda que non necesariamente compartimos) a vinganza extrema de Grace. 



Comentarios

Entradas populares de este blog

CLUB DE LECTURA ALUMNADO PT: LAS AVENTURAS DE TOM SAWYER

Visita á ExpOtaku co IES de Catabois

CLUB DE LECTURA 4º ESO: LAS CHICAS DE LA HABITACIÓN 305