CLUB DE ADULTOS-CINEFÓRUM: VIVARIUM

Comezamos o Cinefórum do Club de adultos coa charla sobre Vivarium , unha distopía desacougante que mestura a partes iguais trazos de terror e ciencia ficción. O argumento do filme parte dunha historia aparentemente anodina: unha parella nova visita unha inmobiliaria coa intención de mercar unha vivenda, o empregado os leva a unha urbanización solitaria e, a partir dese momento, ambos virirán un espantoso pesadelo. A nosa reunión culminou nun intensísimo coloquio sobre a película. A pesar de que a unha parte dos asistentes non lles gustou excesivamente este filme, foron moitos os temas sobre os que puidemos reflexionar tras o seu visionado. En primeiro lugar, todos destacamos a descarnada crítica que fai o director do soño americano (o american way of life ), dos problemas que trae consigo a maternidade ou do desgaste que sofren as relacións de parella co paso dos anos. Pero tamén debatemos sobre a idea subxacente de que os intentos de toda sociedade de planificar e u...