CLUB DE ADULTOS-CINEFÓRUM: VIVARIUM
Comezamos o Cinefórum do Club de adultos coa charla sobre Vivarium, unha distopía desacougante que mestura a partes iguais trazos de terror e ciencia ficción.
A nosa reunión culminou nun intensísimo coloquio sobre a película. A pesar de que a unha parte dos asistentes non lles gustou excesivamente este filme, foron moitos os temas sobre os que puidemos reflexionar tras o seu visionado.
En primeiro lugar, todos destacamos a descarnada crítica que fai o director do soño americano (o american way of life), dos problemas que trae consigo a maternidade ou do desgaste que sofren as relacións de parella co paso dos anos.
Pero tamén debatemos sobre a idea subxacente de que os intentos de toda sociedade de planificar e unificar os comportamentos de todos os seus cidadáns pode provocar angustia, sufrimento e mesmo alienación.
Comentarios
Publicar un comentario