CLUB DE NOVELA GRÁFICA: CONTRAPASO

O pasado 19 de febreiro reunimos o noso Club de novela gráfica para comentar Contrapaso . Esta novela é un trhiller ambientado na España dos anos 50 e protagonizado por dous periodistas moi diferentes tanto en idade como en ideoloxía: León Lenoir e Emilio Sanz. León Lenoir é un rapaz novo, atractivo e idealista, fillo dun comunista francés que morreu na Guerra Civil. Emilio Sanz, pola súa banda, é un falanxista entrado en anos, duro, sarcástico, desencantado e obsesionado con descubrir a identidade dun asasino en serie de mulleres. A investigación dun aparente suicidio provoca que os nosos protagonistas se vexan implicados nunha escura trama protagonizada por algúns dos médicos máis famosos da época. O terceiro personaxe con papel protagonista da novela é Paloma Ríos, ilustradora nunha revista feminina, prima e antigo amor de León. Todas e todos os participantes no Club mostraron o seu agrado pola novela. No coloquio porterior á lectura destacaron nela sobre todo a ca...