CLUB DE NOVELA GRÁFICA: CONTRAPASO
O pasado 19 de febreiro reunimos o noso Club de novela gráfica para comentar Contrapaso.
Esta novela é un trhiller ambientado na España dos anos 50 e protagonizado por dous periodistas moi diferentes tanto en idade como en ideoloxía: León Lenoir e Emilio Sanz.
León Lenoir é un rapaz novo, atractivo e idealista, fillo dun comunista francés que morreu na Guerra Civil. Emilio Sanz, pola súa banda, é un falanxista entrado en anos, duro, sarcástico, desencantado e obsesionado con descubrir a identidade dun asasino en serie de mulleres. A investigación dun aparente suicidio provoca que os nosos protagonistas se vexan implicados nunha escura trama protagonizada por algúns dos médicos máis famosos da época.
Todas e todos os participantes no Club mostraron o seu agrado pola novela.
No coloquio porterior á lectura destacaron nela sobre todo a calidade das ilustracións e o seu carácter cinematográfico, especialmente nos momentos en que non existe texto que acompañe o debuxo.
Tamén se mostraron sorprendidos pola enorme cantidade de temas que se inclúen na trama: a censura, as tensións políticas, a situación da muller na sociedade do momento, o roubo de bebés... Pero por riba de todo mostraron unha enorme curiosidade polo desenvolvemento de tratamentos psiquiátricos para solucionar problemas como a homosexualidade ou as tendecncias comunistas.
Os comentarios de Jose, o coordinador do Club, que desvelou que varios dos personaxes que aparecen na novela teñen unha base real (Vallejo-Nájera, López Ibor...), supuxo unha enorme sorpresa para os participantes nesta extraordinaria experiencia.
Realmente todos e todas desfrutaron moito desta proposta lectora!!!
Comentarios
Publicar un comentario