CLUB DE ADULTOS: LA AMIGA ESTUPENDA

O 24 de abril o noso Club de adultos reuniuse para comentar La amiga estupenda , a magnífica novela de Elena Ferrante que constitúe o primeiro volume do ciclo coñecido como A saga napolitana . La amiga estupenda narra a amizade dende a infancia ata a primeira xuventude de dúas rapazas no Nápoles de mediados do século pasado: Lenù e Lila. As protagonistas da narración comparten unha orixe pobre, pero presentan moi diferentes caracteres e posibilidades de futuro. Así, a carón de Lila, intrépida, teimuda e rebelde, medra Lenù, prudente, traballadora e discipinada. As dúas amigas comparten inquedanzas, soños e confidencias, triunfos e fracasos. Pero tamén, a pesar do profundo afecto que comparten, celos e rivalides. Arredor das dúas amigas, a autora describe con gran mestría e profundidade as luces e sombras da sociedade napolitana do momento: a loita por saír da pobreza, a corrupción dos novos ricos, os movementos laborais, a violencia intraframilar, o sometemento da muller... ...