Un grupo de alumnos e alumnas de 2º Bach percorreron as aulas dos grupos de 1 e 2 ESO con intención de achegarlle ao noso alumnado as creacións poéticas de autoras tan importantes para a nosa lectura como Gloria Fuertes. Comezaron os nosos rapaces e as nosas rapazas facendo unha pequena presentación biográfica dunha autora pouco aprezada no seu tempo, pero recentemente reivindicada como gran poeta e activista social, pola paz e pola liberdade. Unha poeta (que non poetisa) amante da escritura e que converteu en protagonistas dos seus poemas aos menos favorecidos, especialmente os nenos, os seus pequenos (grandes) amigos. A continuación, cada un deles e delas fixo unha lectura dramatizada dos poemas que escolleu, e explicou cal foi a causa da súa elección. A pesar da súa aparente simplicidade, foi unha actividade moi valorada polo alumnado porque lle permitiu achegarse a un xénero tradicionalmente menor (polo escaso número de lectores) da man de compañeiros que lles fal...