DÍA DA POESÍA: RECITADO NAS AULAS


Un grupo de alumnos e alumnas de 2º Bach percorreron as aulas dos grupos de 1 e 2 ESO con intención de achegarlle ao noso alumnado as creacións poéticas de autoras tan importantes para a nosa lectura como Gloria Fuertes.

Comezaron os nosos rapaces e as nosas rapazas facendo unha pequena presentación biográfica dunha autora pouco aprezada no seu tempo, pero recentemente reivindicada como gran poeta e activista social, pola paz e pola liberdade.  Unha poeta (que non poetisa) amante da escritura e que converteu en protagonistas dos seus poemas aos menos favorecidos, especialmente os nenos, os seus pequenos (grandes) amigos.

A continuación, cada un deles e delas fixo unha lectura dramatizada dos poemas que escolleu,  e explicou cal foi a causa da súa elección.

 

A pesar da súa aparente simplicidade, foi unha actividade moi valorada polo alumnado porque lle permitiu achegarse a un xénero tradicionalmente menor (polo escaso número de lectores) da man de compañeiros que lles falaron de composicións líricas dun xeito emotivo e suxestivo, lonxe do formalismo co que, en determinadas ocasións, traballan nas aulas.


Comentarios

Entradas populares de este blog

VISITA A EXPOTAKU CO IES FERROL VELLO

CLUB DE LECTURA 2º BACH: OS VELLOS NON DEBEN DE NAMORARSE