VISITA Á CASA DOS POETAS CO IES DE CATABOIS
O 16 de abril o noso Club de poesía viaxou co Club de poesía do IES de Catabois para celebrar de forma conxunta unha xornada cultural en Celanova.
Durante a mañá visitaron a Casa dos poetas, onde o alumnado, ademais de percorrer a Casa-Museo, puido facer un roteiro de sendeirismo no que coñeceu diferentes facetas da vida de autores da vila de Celanova, como Curros Enríquez, e recitou poemas relevantes dos diferentes autores.Pola tarde, asistiron emocionados a un concerto didáctico de órgano na Igrexa de San Salvador.
Comentarios
Publicar un comentario