Entradas

Mostrando entradas de mayo, 2025

ROTEIRO CASTELAO CO IES DE CATABOIS

Imagen
 O pasado 27 de maio xuntamos ao noso alumnado do Club de narrativa de 4 ESO cos rapaces e rapazas do Club de lectura do IES de Catabois e viaxamos xuntos a Rianxo coa intención de facer o  Roteiro de Castelao . Foi unha xornada intensa que todos abordamos con enerxía. Comezamos o noso camiño coa visita á casa do gran poeta Manuel Antonio. Da man do noso compañeiro Alberto, coñecemos o seu pasado revolucionario e as súas ansias por participar tanto na Primeira Guerra Mundial coa Lexión Estranxeira francesa, como na Revolución Rusa de outubro. Tamén coñecemos a súa amizade con Dieste, Risco ou Castelao, o seu contacto coas Vangardas, ou a influencia que supuxeron para a súa poesía o folklore popular galego, o saudosismo portugués ou os haikus xaponeses. Non esquecemos tampouco o seu activismo político e cultural en compaña das figuras máis relevantes da época. Ou a súa gran paixón polo mar, que tan ben reflectiu nos seus poemarios. Un pouco tristes tras descubrir a súa morte pr...

CLUB DE MANGA: VISITA Á EXPOTAKU

Imagen
 O pasado 24 de maio converteuse nunha xornada festiva para os alumnos e alumnas que formaron parte do noso Club de manga porque os invitamos a viaxar a Coruña para desfrutar da ExpOtaku .  Visitaron os diferentes postos de venda que formaban parte do recinto feiral. Paticiparon nas diferentes actividades que se ofertaban, como os vídeoxogos. Admiraron as creacións artísticas elaboradas  in situ por artistas locais.  E participaron en concursos de baile. Foi realmente unha xornada moi divertida e ben aproveitada para todos os entusiastas participantes!!!

CLUB DE ADULTOS: CONTRAPASO

Imagen
  Como lectura compartida co noso Club de novela gráfica, o 12 de maio o noso Club de adultos reuniuse de novo para comentar  Contrapaso . Esta novela é un trhiller ambientado na España dos anos 50 e protagonizado por dous periodistas moi diferentes tanto en idade como en ideoloxía: León Lenoir e Emilio Sanz. León Lenoir é un rapaz novo, atractivo e idealista, fillo dun comunista francés que morreu na Guerra Civil. Emilio Sanz, pola súa banda, é un falanxista entrado en anos, duro, sarcástico, desencantado e obsesionado con descubrir a identidade dun asasino en serie de mulleres. A investigación dun aparente suicidio provoca que os nosos protagonistas se vexan implicados nunha escura trama protagonizada por algúns dos médicos máis famosos da época. A pesar de que a investigación é o eixe central da historia, un dos elementos máis interesantes da novela provén da coidada presentación do Madrid da época: cabezas de gambas que cobren o chan dun bar, "El huerfanito" de Machín com...