CLUB DE MANGA: VISITA Á EXPOTAKU
O pasado 24 de maio converteuse nunha xornada festiva para os alumnos e alumnas que formaron parte do noso Club de manga porque os invitamos a viaxar a Coruña para desfrutar da ExpOtaku .
Visitaron os diferentes postos de venda que formaban parte do recinto feiral.
Paticiparon nas diferentes actividades que se ofertaban, como os vídeoxogos.
Admiraron as creacións artísticas elaboradas in situ por artistas locais.
Foi realmente unha xornada moi divertida e ben aproveitada para todos os entusiastas participantes!!!
Comentarios
Publicar un comentario