CLUB DE LECTURA 4º ESO: O HOME QUE PLANTABA ÁRBORES

 


 O pasado 18 de outubro o alumnado participante no Club de Lectura de 4º de ESO reuniuse para comentar unha novela breve e sinxela, pero non por iso menos interesante: O home que plantaba árbores, de Gean Giono.




 É esta unha narración que fala da capacidade humana para xerar natureza en espazos baldíos, pero tamén da importancia da constancia, do valor da xenerosidade e sobre todo, da importancia do respectó á natureza, do amor á terra e da aposta pola vida.

Relata Giono na súa obra a historia de Elzéar Bouffier, un home que, tras quedar viúvo, decide converter a paisaxe desolada dun val ermo nun verxel coas súas propias mans. E así, de forma altruísta e desinteresada pasa máis de corenta anos da súa vida plantando árbores ata transformar un espazo baleiro e solitario nun auténtico verxel cheo de vida.

E nunha biblioteca perfectamente caracterizada con produtos naturais de outono, os nosos lectores e as nosas lectoras amosaron o seu asombro pola actividade desprendida do pastor francés (despois convertido en apicultor) e pola importancia da natureza para a vida. Pero, sobre todo, reflexionaron sobre o papel que debe xogar o home para loitar contra o cambio climático e para rexenerar as paisaxes vitais que pouco a pouco se van degradando ata desaparecer no noso planeta, que pouco a pouco deixa de ser azul.


 En xeral gustou moito esta narración tan sinxela e profunda, que nos anima a seguir loitando para que o noso planeta se manteña san e limpo e, sobre todo, apto para vivir.





Comentarios

Entradas populares de este blog

CLUB DE LECTURA ALUMNADO PT: LAS AVENTURAS DE TOM SAWYER

Visita á ExpOtaku co IES de Catabois

CLUB DE LECTURA 4º ESO: LAS CHICAS DE LA HABITACIÓN 305