CLUB DE ADULTOS: O INFINITO NUN XUNCO

 

O pasado 13 de outubro, e con moita ilusión por parte de todos os participantes, o noso Club de Adultos xuntouse para comentar o fantástico ensaio de Irene Vallejo O infinito nun xunco.

É este un libro sobre a historia dos libros e sobre os milleiros de persoas que durante moitos séculos fixeron libros e se encargaron de protexelos: narradores orais, escribas, vendedores ambulantes, tradutores, bibliotecarios...

 
Realmente todos e todas desfrutamos moitísimo coa súa lectura e foron moitos os comentarios que xurdiron a partir da mesma: a súa enorme orixinalidade, a inmensa erudición, o estilo coidadísimo, atractivo e suxestivo...
 




 Pero, e sobre todo, impactounos a capacidade da autora para conectar lugares e épocas tan distantes como a Alexandría de Cleopatra, os talleres medievais de copias de manuscritos ou as fogueiras de libros prohibidos, ata a Biblioteca de Saraxevo. Porque os libros son fantásticos instrumentos de sabedoría que foron capaces de atravesar o espazo e o tempo ata chegar á actualidade.
 
 


Foi unha lectura realmente abraiante!!!




Comentarios

Entradas populares de este blog

CLUB DE LECTURA ALUMNADO PT: LAS AVENTURAS DE TOM SAWYER

Visita á ExpOtaku co IES de Catabois

CLUB DE LECTURA 4º ESO: LAS CHICAS DE LA HABITACIÓN 305