CLUB DE LECTURA 4º ESO: BE WATER

 

O día 10 de xaneiro reuniuse o noso Club de 4º de ESO para comentar Be water, unha interesantísima novela da autora de Burela Antía Yañez que entronca, ademais, co tema deste ano: o cambio climático.

Esta distopía sitúanos nun futuro no que a humanidade vive enterrada en colmeas lonxe da superficie do planeta. Iolanda é unha adolescente que vive co seu fillo nunha desas colmeas e que padece, como o resto dos habitantes, a tiranía da raíña e a escaseza de auga, que é un ben moi prezado. A estraña aparición dun cadáver desencadea unha serie de acontecementos inesperados e o mundo da nosa protagonista empeza a tambalearse.

Foi este un Club moi animado e divertido. En xeral, a novela gustou moito e aos participantes resultoulles moi interesante a trama e a súa resolución. Non obstante, a charla centrouse, sobre todo, na ambientación da narración: un mundo posapocalíptico no que a auga é un ben moi escaso por cuxo dominio a xente podería matar. Porque... Que está ocurrindo co noso mundo? Notamos os cambios que provoca o quecemento do planeta? É real o cambio climático?


 Os membros do noso Club debateron longamente sobre o tema sen esquecer a súa aportación de posibles solucións.


 

Dá gusto traballar cunha xuventude tan sesuda e implicada!!!



Comentarios

Entradas populares de este blog

CLUB DE LECTURA ALUMNADO PT: LAS AVENTURAS DE TOM SAWYER

Visita á ExpOtaku co IES de Catabois

CLUB DE LECTURA 4º ESO: LAS CHICAS DE LA HABITACIÓN 305