CLUB DE LECTURA 2º BACH: A ESMORGA

 


 O pasado 24 de xaneiro, o Club de narrativa de 2º de Bacharelato xuntouse para comentar a lectura dun clásico da narrativa galega: A esmorga, de Eduardo Blanco Amor.


 Foi esta unha novela que deu moito xogo. Esta crónica intensísima dos tres compañeiros de festa que percorren bebendo a Ourense literaria do autor ourensán (Auria) chegou con intensidade ao noso alumnado. Os nosos lectores destacaron por riba de todo a capacidade do autor para transmitirnos a atmosfera tráxica que pesa sobre uns personaxes brutais, miseirentos e reprimidos.


Así mesmo comentaron a valentía do autor para tratar sen eufemismos o tema da homosexualidade (probablemente por vez primeira na literatura galega), e mesmo o da prostitución.




Comentarios

Entradas populares de este blog

CLUB DE LECTURA ALUMNADO PT: LAS AVENTURAS DE TOM SAWYER

Visita á ExpOtaku co IES de Catabois

CLUB DE LECTURA 4º ESO: LAS CHICAS DE LA HABITACIÓN 305