CLUB MANGA BACHARELATO: SOLO LEVELING

 O pasado 10 de xaneiro celebramos a nosa primeira reunión de manga para falar de Solo Leveling, un manga coreano que ten como peculiaridade a lectura tradicional (non se le de dereita a esquerda, como o manga nipón). Posúe, ademais unha ilustración fantástica (unha media de dous ou tres por páxina e a todo color) que non ten nada que envexar ao guión no que se apoia a trama. 

Os nosos lectores de manga explicáronnos un pouco a situación previa á historia para que poidamos comprender o que estamos lendo. 


O mundo que se mostra en Solo Leveling está ameazado por monstros horribles que pretenden invadilo a través dunha serie de portais que deben ser destruídos antes de que as ameazas cheguen á superficie. Para loitar contra eles, creouse unha Asociación de cazadores que actúa con dilixencia en cada situación de peligro. O noso protagonista, Jinwoo, é o cazador máis débil e torpe do gremio.

Pouco a pouco imos coñecendo a Jinwoo e o mundo de cazadores no que se move.

E empezamos a sorprendernos polos cambios que pouco a pouco podemos observar nel.




Comentarios

Entradas populares de este blog

CLUB DE LECTURA ALUMNADO PT: LAS AVENTURAS DE TOM SAWYER

Visita á ExpOtaku co IES de Catabois

CLUB DE LECTURA 4º ESO: LAS CHICAS DE LA HABITACIÓN 305