CINE DE ADULTOS: CINEFÓRUM. OUTRA ROLDA


 O 15 de febreiro o noso Club de Adultos reuniuse para comentar Outra rolda. Este filme conta a historia de catro profesores colegas e amigos nun colexio danés que loitan contra estudantes desmotivados e contra a súa propia frustación persoal. Nunha festa de aniversario o grupo empeza a discutir sobre a teoría dun psiquiatra que defende que manter un contido estable de alcohol no sangue aumenta a felicidade e a creatividade nas persoas. Martin, o protagonista, que está pasando a crise da mediana idade e ten problemar persoais e matrimonais empeza a beber no traballo para comprobar a teoría e a modo de experimento, e pronto se unen a el os seus amigos. Durante un tempo manteñen o control sobre o consumo de bebidas alcohólicas, pero cando deciden aumentar a inxesta e estender o experimento, ese control desaparece, os seus comportamentos empezan a ser perigosamente erráticos e perigan as súas vidas persoais e profesionais. Martin é abandonado pola súa muller e para reorganizar a súa vida abandona o alcohol. E con el, case todos os seus compañeiros excepto Tommy, que xa é alcohólico. Uns días despois chegar bébedo ao traballo, Tommy morre no mar, probablemente tras un suicidio. Os compañeiros reúnense para lembralo no seu funeral e, na cea posterior, parecen reticentes a beber. A película remata coa celebración da graduación dos estudantes do instituto e cun baile fantástico de Martin que é un canto á vida.

Non foi esta unha película fácil de comentar a pesar de que todos coincidimos en prácticamente as mesmas cuestións: as diferentes crises ás que nos vemos sometidos os humanos, e as dificultades para asumilas; os problemas da adicción ao alcohol, e a calquera outra substancia ou situación e, sobre todo, as dificultades para asimilar o paso do tempo e a chegada do mundo adulto.
 

 
Podería parecer este filme un canto ao consumo do alcohol ou unha advertencia sobre os resultados do exceso na súa inxesta, pero consideramos que realmente o director mostra as dúas caras da moeda e que realmente defende a necesidade de saber superar as crises e de aceptar a vida tal e como é.
 

 
Comentario xeral: destacamos unha selección musical fantástica que acompaña moi ben os diferentes momentos da trama e, sobre todo, o baile final do protagonista que transmite unha incrible celebración vital.

Comentarios

Entradas populares de este blog

CLUB DE LECTURA ALUMNADO PT: LAS AVENTURAS DE TOM SAWYER

Visita á ExpOtaku co IES de Catabois

CLUB DE LECTURA 4º ESO: LAS CHICAS DE LA HABITACIÓN 305