CLUB DE POESÍA

 

O pasado 1 de febreiro reunimos por primeira vez ao noso Club de Poesía con intención de que os participantes na actividade se presentasen, falasen da súa concepción de poesía e nos informasen sobre os seus gustos poéticos.

 

Foi esta unha actividade inicial moi produtiva porque descubrimos que para eles a poesía é un instrumento de transmisión de sentimentos e emocións íntimos, pero tamén un vehículo para comunicar sensacións sobre realidades moi variadas (lugares, obxectos, ideas...). Así mesmo averiguamos que moitos deles eran ávidos lectores de poesía tanto de autores consagrados, como Alejandra Pizarnik, como de autores actuais, menos coñecidos e/ou recoñecididos, como Marwan.

Comentarios

Entradas populares de este blog

CLUB DE LECTURA ALUMNADO PT: LAS AVENTURAS DE TOM SAWYER

Visita á ExpOtaku co IES de Catabois

CLUB DE LECTURA 4º ESO: LAS CHICAS DE LA HABITACIÓN 305