CLUB DE LECTURAS CIENTÍFICAS: ESO

 


O pasado 2 de marzo celebramos a primeira reunión do noso Club de Lecturas científicas para comentar un relato do autor norteamericano de orixe rusa Isaac Asimov: "Sueños de robot".

Nesta narración, Asimov preséntanos a historia dun robot cun cerebro positrónico que lle outorga a capacidade para soñar. Ante este descubrimento, a súa creadora (a doutora Linda Rash) vese obrigada a consultarlle a situación á robopsicóloga Susan Calvin para tratar de adiviñar de onde provén esa anormalidade. E entre as dúas descobren que Elvex (o robot) é capaz de mentir (non anuncia a existencia dos seus soños ata dez días despois de que a situación se presentase por primeira vez) e que se ve como salvador dos seus compañeiros robots, aos que ve escravizados polos humanos.

Finalmente Elvex é destruído, pero as mentes dos nosos lectores e lectoras ilumináronse cunha gran cantidade de preguntas. Poden os robots chegar a sentir como seres humanos? Será factible nun futuro unha "revolución das máquinas"? Por que os seres humanos non deixan de crear máquinas cada vez máis perfectas? 

 

E souberon responder con grande intelixencia as cuestións que nós lles presentamos: Existe actualmente un problema real coa tecnoloxía? Pensades que a humanidade podería vivir sen tecnoloxía? E vós, poderiades vivir sen tecnoloxía?


Todos e todas consideraron que a sociedade actual non pode vivir sen tecnoloxía e que eles tampouco poderían abandonar o emprego das ferramentas tecnolóxicas (moitos incluso se declararon abertamente dependentes de certo tipo de tecnoloxía). Non obstante, e con moi bo criterio, defenderon que habería que controlar legalmente o seu uso e, sobre todo, recibir formación para evitar os excesos e a mala praxe.


 

Non obstante, e para a nosa sorpresa, non mostraron excesivo temor ante as posibles futuras ameazas robots. Pouco Asimov... ou pouco cinema!!!


 

 

Comentarios

Entradas populares de este blog

CLUB DE LECTURA ALUMNADO PT: LAS AVENTURAS DE TOM SAWYER

Visita á ExpOtaku co IES de Catabois

CLUB DE LECTURA 4º ESO: LAS CHICAS DE LA HABITACIÓN 305