VISITA A EXPOTAKU CO IES FERROL VELLO
O pasado 24 de maio visitamos a ExpOtaku co alumnado do IES Ferrol Vello. Foi unha xornada festiva para o alumnado que formou parte dos diferentes Clubs de manga que organizamos dende a biblioteca.
Todos e todas participaron felices nas diferentes actividades.
Asistiron sorprendidos ás distintas manifestacións artísticas que se realizaban in situ.
E moitas incluso acabaron esgotadas esperando a que todos se xuntasen para marchar.
Comentarios
Publicar un comentario