CLUB DE LECTURAS CIENTÍFICAS: BACHARELATO


 O día 14 de abril visitarnos o coñecido físico galego Jorge Mira. Ademais de polo seu labor científico, o autor é coñecido pola súa intensa actividade divulgativa en prensa, radio e televisión. Publicou tamén diversas obras destinadas a espertar o interese dun público non especialista en cuestións relacionadas co seu traballo como profesor e investigador.

             Nun encontro que durou aproximadamente hora e media, o autor de Baio presentou a súa obra ¿A que altura está o ceo? os nosos alumnos e alumnas. 

             Comezou a súa exposición analizando cuestións incluídas no seu libro como o interese que espertou o universo para o hombre dende os albores da humanidade, para proseguir explicando de forma simple e práctica cuestións variadas como por que razóns vemos o ceo azul e o sol amarelo, o como podemos calcular a que distancia está unha estrela.

         
            Debemos destacar a súa proximidade e a simpatía coa que respondeu as diferentes cuestións que lle expuxo o noso alumnado.


Ademais, resultou especialmente interesante para nós a súa reivindicación do ensaio como xénero literario e, sobre todo, a súa defensa da necesidade dunha maior participación da muller en actividades científicas a través do recordo do labor investigador non sempre recoñecido de matemáticas, físicas e químicas ao longo do tempo. 

            Foi unha xornada realmente estupenda!!!





 





Comentarios

Entradas populares de este blog

CLUB DE LECTURA ALUMNADO PT: LAS AVENTURAS DE TOM SAWYER

Visita á ExpOtaku co IES de Catabois

CLUB DE LECTURA 4º ESO: LAS CHICAS DE LA HABITACIÓN 305