CLUB MANGA ESO: SPY FAMILY


 

 O día 18 de abril o noso Club de Manga de ESO reuniuse para comentar a lectura escollida: Spy family.


 É este un manga dirixido a un público xuvenil e ten un argumento moi interesante para a rapazada. Westalis e Ostania manteñen unha guerra fría, e entre eles son frecuentes tanto os asasinatos a sangue frío coma a espionaxe dos segredos militares. Neste contexto, o mellor axente de Westalis, Twilight, recibe a orde do seu goberno de eliminar ao poderoso Donovan Desmond, da veciña Ostania. Pero as únicas aparicións públicas de Desmond están relacionadas con actividades escolares do seu fillo. Así que o solitario Twilight deberá simular que é un home de familia para achegarse ao seu rival... e dispón de sete días para conseguir unha familia ficticida ideal. Así, o axente reclutará como esposa a unha nova e atractiva rapaza chamada Yor Briar e como filla a unha nena orfa chamada Anya. Pero Yor é realmente unha asasina profesional, e Anya é unha prófuga dun laboratorio segredo que ten poderes telepáticos. E todo se lía...

 

As participantes no Club destacaron que é un manga moi ameno, con personaxes interesantes, divertidos e ben trazados que mantén unha intriga constante de principio a fin.
 


Á hora de escoller, mostraron o seu interese por Yor, que lles parece unha muller forte e valente, moi distante dos estereotipos habituais sobre as mulleres.

E para finalizar, revisamos os mangas da Biblioteca para escoller novas lecturas.


Esta si que foi unha xuntanza ben aproveitada!!!



Comentarios

Entradas populares de este blog

CLUB DE MANGA

CLUB DE NOVELA GRÁFICA: V DE VENDETTA

CLUB DE LECTURAS CIENTÍFICAS: BACHARELATO