CLUB DE ADULTOS: BENVIDOS AO NORTE


 

O pasado 18 de abril o noso Club de Adultos reuniuse para comentar un filme francés que acadou gran sona no momento da súa estrea: Benvidos ao norte.


 O argumento desta produción gala é moi sinxelo: por empregar fraude para tratar de conseguir un destino mellor, o xefe dunha Oficina de Correos no sur de Francia é degradado e enviado a traballar a unha pequena cidade do norte do país. A muller do protagonista, chea de prexuízos sobre os lugares norteños, rexeita viaxar co seu home e este pretende vivir so durante a semana e viaxar as fins de semana para visitar á súa familia. Pero pronto descubrirá que as cousas son diferentes ao que esperaba, fai bos amigos e empeza a sentirse cómodo naquela zona recóndita.

Foi esta unha película que espertou opinións encontradas entre os asistentes á actividade. A pesar de que, en xeral, todos desfrutaron co fino humor que se respira no filme, moitos dos participantes no Club comentaron a esacasa profundidade da liña argumental e o carácter prototípico de moitos personaxes que pecan de histrionismo en moitas ocasións. 


 Non obstante, case todos destacaron que os prexuízos sobre o norte francés (a chuvia persistente, o frío habitual, a presenza dun dialecto peculiar e a existencia de habitantes rudos e incultos) son moi semellantes aos que se aplican á nosa terra. E comentaron, ademais, que este tipo de consideracións negativas sobre distintas rexións dun país teñen carácter universal e son difíciles de desterrar da mente da xente. Pero tamén defenderon a necesidade de defender por riba de todo o valor da amizade e dos praceres máis sinxelos da vida.


Unha xornada moi divertida e aproveitada!!!




Comentarios

Entradas populares de este blog

CLUB DE LECTURA ALUMNADO PT: LAS AVENTURAS DE TOM SAWYER

Visita á ExpOtaku co IES de Catabois

CLUB DE LECTURA 4º ESO: LAS CHICAS DE LA HABITACIÓN 305