CLUB DE ADULTOS: CAFÉ BUDAPEST

O 26 de novembro o noso Club de Adultos reuniuse para comentar Café Budapest , unha das bandas deseñadas máis coñecidas de Alfonso Zapico. Esta novela gráfica narra a historia de Yechezkel Damjanich, un violinista xudeu que no 1947 marcha coa súa nai de Praga a Palestina en busca dun futuro mellor. Alí instálanse no Café Budapest, un local rexentado polo seu tío Yosef, onde conviven en armonía xudeus, árabes e occidentais. Pero os ingleses deciden abandonar o territorio... e repentinamente estala o caos. Mediante unhas viñetas simples no seu deseño, Zapico vai mostrando como pouco a pouco a situación do café se complica e como os parroquianos se ven obrigados a tomar partido no conflito. Case todos os participantes no coloquio destacaron que lles pareceu unha obra pouco ambiciosa, dado que non explica con claridade as orixes do problema árabe-israelí, nin xulga a situación nin ofrece solucións. Tamén sinalaron a pouca profundidade psicolóxica do protagonista, e...