CLUB DE NARRATIVA 1º DE ESO: AS MULLERES QUE CULTIVABAN NÉBOAS


O noso Club de narrativa de 1º de ESO reuniuse o pasado 25 de novembro para comentar o libro-álbum que leva por título As mulleres que cultivaban néboas.

É esta unha obra moi suxestiva tanto polo texto como polas atractivas ilustracións que o acompañan. A través dunha atmosfera inquietante na que se moven personaxes profundos e ben trazados, Bea Gregores aborda temas como a violencia de xénero ou a discriminaciòn.


Case todos asistentes ao Club aseguraron que a narración lles pareceu sinxela e entretida, aínda que algúns aseguraron que se perderon en determinados momentos da historia. 

O debate sobre a mesma resultou moi interesante. 

En primeiro lugar, todos e todas destacaron o valor da nai protagonista da protagonista, unha muller forte e resiliente. Tamén aludiron á figura do pai, un home serio, seco, distante e violento, que xera un ambiente opresivo dentro do fogar.
 
Incidiron moito na influencia negativa da violencia de xénero na dinámica familiar e, sobre todo, na importancia de previr este tipo de comportamentos dende a infancia.


 Realmente foi unha xornada moi ben aproveitada!!!

Comentarios

Entradas populares de este blog

DÍA DA POESÍA: RECITADO NAS AULAS

VISITA A EXPOTAKU CO IES FERROL VELLO

CLUB DE LECTURA 2º BACH: OS VELLOS NON DEBEN DE NAMORARSE