Entradas

Mostrando entradas de enero, 2025

CLUB DE ADULTOS: OS ELEFANTES DE SOKÚROV

Imagen
 O pasado 29 de xaneiro o noso Club de adultos reuniuse para comentar Os elefantes de Sokúrov .   Janis, unha rapaza de 30 anos e cun expediente brillante, espera que se convoquen unhas oposicións ao ensino. Mentres, fai crítica de cine e coida de varias anciás nun edificio de Santiago. Todas as mañás almorza nunha cafetería onde observa como un descoñecido le e escribe sen descanso. Un día ese descoñecido desaparece e Janis o atopa casualmente nun hospital. A partir dese momento, Janis comeza unha viaxe de autodescubrimento que a leva á súa nenez, á xuventude dos seus pais, aos movementos xuvenís e, sobre todo, a descubrir un enigma que marcou a súa vida.   Foi esta unha novela que espertou opinións moi variadas entre os participantes á sesión. Case todos gozaron coa fantástica presentación que fai o autor sobre Santiago no presente e no pasado de Janis. Tamén foron favorables os comentarios sobre a análise da crise socioeconónica da época: a precariedade laboral, o...

CLUB DE NOVELA GRÁFICA: MAUS

Imagen
 O pasado 22 de xaneiro o noso Club de novela gráfica reuniuse para comentar Maus,  un clásico da novela gráfica e referente deste subtipo de novelas.   En Maus , Art Spiegelman narra a súa propia vida e a vida do seu pai, xudeu polaco e vítima do Holocausto nazi. Tal e como ocorría en Blacksad, o autor emprega o recurso de utilizar animais antropomorfos como protagonistas da súa narración. Neste caso, os xudeus son ratos, os nazis son gatos, os polacos non xudeus son porcos... A diferenza de Blacksad , non obstante, o emprego da animalización dos personaxes responde á necesidade do autor de distanciarse e de distanciar aos lectores da durísima situación que nos presenta. A través de flashbacks , Vladek (o pai de Art Spiegelman) vai narrando a súa existencia dende os momentos previos á II Guerra Mundial ata actualidade, facendo especial fincapé na súa estancia en Auschwitz.  Os nosos alumnos e alumnas desfrutaron moitísimo desta proposta. Na nosa xuntanza, mostraro...

CLUB DE NARRATIVA 1º ESO: O NENO CAN

Imagen
 Con intención de celebrar os Dereitos da infancia, reunimos o noso Club de 1º ESO para comentar O neno can, unha colección de relatos   de Francisco Castro e Fina Casalderrey .   Nestes contos, Aakesh, Nadim, Altair, Kai, Leila ou Carlos vense obrigados a sobrevivir remexendo os colectores do lixo, son explotados por por adultos sen escrúpulos, deben casar con homes adultos contra os seus desexos ou son apartados por ser diferentes. En definitiva,  O neno can busca denunciar a inxustiza na vida de moitos nenos e nenas ao longo do mundo, pero ofrece unha saída positiva para os e as protagonistas dos relatos, en moitos casos a través de mans amigas dotadas de comprensión e solidariedade.  Os nosos rapaces e as nosas rapazas sentíronse profundamente impresionados despois de ler as experiencias de nenos e nenas distantes no espazo, pero moi próximos a eles en idade. As súas reflexións trala lectura resultaron moi interesantes. Todos e todas mostraron a súa empatía...