CLUB DE NARRATIVA 1º ESO: O NENO CAN


 Con intención de celebrar os Dereitos da infancia, reunimos o noso Club de 1º ESO para comentar O neno can, unha colección de relatos de Francisco Castro e Fina Casalderrey.


 

Nestes contos, Aakesh, Nadim, Altair, Kai, Leila ou Carlos vense obrigados a sobrevivir remexendo os colectores do lixo, son explotados por por adultos sen escrúpulos, deben casar con homes adultos contra os seus desexos ou son apartados por ser diferentes. En definitiva, O neno can busca denunciar a inxustiza na vida de moitos nenos e nenas ao longo do mundo, pero ofrece unha saída positiva para os e as protagonistas dos relatos, en moitos casos a través de mans amigas dotadas de comprensión e solidariedade.


 Os nosos rapaces e as nosas rapazas sentíronse profundamente impresionados despois de ler as experiencias de nenos e nenas distantes no espazo, pero moi próximos a eles en idade. As súas reflexións trala lectura resultaron moi interesantes. Todos e todas mostraron a súa empatía ante as carencias e necesidades de Aakesh e Kai; a súa dor ante os abusos que sofren Nadim e Altair e o seu horror ante o futuro matrimonio de Leila cun home da idade do seu pai. Tampouco se mostraron indiferentes ante a situación de Carlos e reflexionaron sobre o trato que sofren os seus compañeiros con algún tipo de problema dentro das aulas.


En resumidas contas, un grupo moi sensato, empático e solidario!!!





Comentarios

Entradas populares de este blog

DÍA DA POESÍA: RECITADO NAS AULAS

VISITA A EXPOTAKU CO IES FERROL VELLO

CLUB DE LECTURA 2º BACH: OS VELLOS NON DEBEN DE NAMORARSE