CLUB DE LECTURAS CIENTÍFICAS: BACHARELATO
Unha vez ao trimestre reunimos ao noso alumnado participante no Club de lecturas científicas para comentar de xeito informal o contido de textos divulgativos relacionados co mundo da ciencia.
A nosa intención foi a de debater sobre
diferentes aspectos deste mundo tan interesante para os nosos alumnos e alumnas
como o impacto da IA na nosa sociedade, o papel da muller na ciencia (en
concreto, na Astronomía) ou o impacto da biotecnoloxía na Medicina.
Sempre dun xeito distendido, analizamos cal é
o papel real da muller na ciencia actual e elucubramos sobre como pode influír
a biotecnoloxía en futuros tratamentos ou na prevención de enfermidades, pero
non esquecemos tampouco reflexionar sobre aspectos éticos tan relevantes como a
necesidade de regular o emprego da IA.
Comentarios
Publicar un comentario