CLUB DE MANGA


 Durante o presente curso académico, o noso Club de manga reuniuse todos os venres durante o primeiro recreo.


 Dado que a maioría dos participantes son vellos coñecidos porque xa formaron parte do Club durante cursos pasados, foron eles mesmos os que se encargaron de deseñar e organizar as actividades. 



En primeiro lugar, encargáronse de compartir información sobre as súas últimas lecturas de manga proporcionando a súa valoración sobre as situacións que se narraban, sobre os valores máis destacados dos personaxes ou sobre os temas que se trataban en cada obra.




En segundo lugar, presentaron de forma crítica as novidades en anime e, sobre todo, realizaron unha comparativa entre as obras de manga e a sua versión cinematográfica.




En terceiro lugar, propuxeron a compra de novas lecturas de manga e compartiron as experiencias lectoras.

Ademais, organizaron e prepararon con ilusión a visita á ExpOtaku.



Un grupo fantástico que seguirá con nós o curso próximo. 




Comentarios

Entradas populares de este blog

VISITA A EXPOTAKU CO IES FERROL VELLO

DÍA DA POESÍA: RECITADO NAS AULAS

CLUB DE POESÍA: TALLER DE POESÍA COORDINADO POR ANTÓN CORTIZAS