CLUB DE NOVELA GRÁFICA: V DE VENDETTA
A lectura de V de Vendetta pechou o noso Club de novela gráfica.
É esta unha novela escrita nos anos 80 que se caracteriza por ofrecer unha fantástica combinación entre un guion profundo e elaborado e unhas ilustracións brillantes e moi traballadas.
Ilustración de V
V de Vendetta, ambientada nun futuro distópico, nos sitúa en Gran Bretaña xusto despois de que un conflito nuclear destruise parte do mundo coñecido. Neses momentos, un régimen totalitario está no poder e un misterioso revolucionario coñecido como V comeza unha aparatosa campaña coa intención de derrocalo.
A novela resultoulles interesantísima aos participantes no Club. Todos destacaron o crible que resulta a situación que nos presenta: a opresión, a omnipresente corrupción ou a destrución da cultura presentes nunha sociedade fascista fronte a necesidade do pobo de loitar pola liberdade.
Todos e todas destacaron varios temas que lles resultaron interesantes despois da lectura: o poder dos medios de comunicación de masas, o papel do medo como mecanismo para chegar ao mando ou o debate sobre se o fin xustifica os medios (xustifica a vinganza de V o asasinato e a violencia?).
Como personaxe central da obra escolleron a Evey, unha rapaza inocente acollida por V que acaba convencida da necesidade de actuar para lograr a libertade.
Tamén analizamos as distintas referencias presentes na novela: históricas (Guy Fawkes. personaxe histórico da máscara de V), literarias (V é grande afeccionado a Shakespeare e a novela ten moitas similitudes con 1984), filosóficas, musicais...
Dado éxito que conseguimos coa lectura da novela, comezaremos o próximo curso co visionado do filme dirixido por James McTeigue e protagonizado por Natalie Portman.
Comentarios
Publicar un comentario