CLUB DE ADULTOS: LOS BESOS EN EL PAN

 

 
 
Con intención de facer unha pequena homenaxe a Almudena Grandes, falecida o ano pasado, o día 9 de marzo comentamos Los besos en el pan, unha novela coral da autora madrileña que toma como punto de partida a crise do 2008 e relata como superan os habitantes dun barrio calquera eses momentos tan difíciles. 


A pesar de que non é a mellor novela de Almudena Grandes, todos identificamos nela moitas características típicas da súa narrativa: a gran cantidade de personaxes, a inclusión de caracteres femininos de gran forza dramática ou a conciencia social subxacente.
 
 
Non obstante, tamén criticamos o exceso de maniqueísmo que provoca a inexistencia total de "protagonistas" pouco exemplares, dado que os poucos personaxes con comportamentos reprobables que aparecen na obra ou ben acaban por enmendarse ou ben teñen una presenza moi secundaria. Tampouco nos gustou excesivamente a inxente cantidade de situacións dramáticas que sobrecargan a trama argumental ata límites pouco recomendables (desmantelamento da sanidade pública, burbulla inmobiliaria, competencia comercial chinesa, emigración de variada procedencia, miseria das clases máis desfavorecidas...).


Con todo, resultounos desolador descubrir que en quince anos a situación socioeconómica apenas cambiou, e que os problemas que tan ben relata Almudena Grandes seguen presentes na nosa sociedade.




Comentarios

Entradas populares de este blog

CLUB DE LECTURA ALUMNADO PT: LAS AVENTURAS DE TOM SAWYER

Visita á ExpOtaku co IES de Catabois

CLUB DE LECTURA 4º ESO: LAS CHICAS DE LA HABITACIÓN 305