CLUB MANGA BACHARELATO: SOLO LEVELING

E seguimos analizando o manga Solo Leveling, que nos está dando moitísimo xogo durante este curso. 

Jimwoo continúa subindo de nivel e mellorando os seus atributos mentres vai de alxube en alxube. Pero nunha das misións acaba por coincidir con vellos coñecidos que se sorprenden profundamente ante os cambios físicos do protagonista.

Coma nós, os ansiosos lectores, que tamén estamos asombrados ante a rapidísima mutación física e mental de Jimwoo. Realmente estamos ante unha realidade obxectiva ou ante unha realidade virtual? A pesar de que algún membro do noso Club xa avanzou na lectura da saga, o resto aínda estamos bastante perdidos. 

 

Por que os personaxes secundarios teñen tan pouco peso na historia a pesar de poseer personalidades puntualmente atractivas? Por que Jimwoo non deixa de mellorar en todos os seus atributos a tal velocidade? Ata que punto é o noso protagonista libre nas súas actuacións? Haberá unha man que move realmente todos os fíos da súa vida?

 

Comentarios

Entradas populares de este blog

CLUB DE LECTURA ALUMNADO PT: LAS AVENTURAS DE TOM SAWYER

Visita á ExpOtaku co IES de Catabois

CLUB DE LECTURA 4º ESO: LAS CHICAS DE LA HABITACIÓN 305