VISITA DE ANDREA MACEIRAS

 


 O 21 de marzo visitounos Andrea Maceiras para presentar dous libros: A folla azul e Que me pare o corazón se te esquezo.

A autora xa nos visitara durante o curso pasado para falar con nós sobre A folla azul, unha lectura que participa do tema que traballamos este curso dende Biblioteca e Dinamización: o cambio climático.


 

Como actividade tras a lectura da obra, o noso alumnado de 1º ESO elaborou unha serie de marcapáxinas alusivos ao tema que se trata nela. 



 A novidade deste curso veu da presentación de Que me pare o corazón se te esquezo, a nova novela da autora coruñesa. Esta narración conta a historia de Blue Shiva, unha lenda nas redes sociais que unha noite chuviosa decide suicidarse. Ada, unha admiradora de Blue Shiva, négase a crer na súa morte e enreda á súa xemelga, Lúa, nunha cómplice da súa busca. E, entre tanto, Gabriel regresa á cidade.


 

Foi esta unha historia que calou moi fondo entre o noso alumnado de 4ª de ESO pola proximidade dos personaxes e, sobre todo, pola inclusión dunha temática moi atractiva para eles.

No coloquio posterior á presentación (que, por certo, fixeron dúas alumnas nosas) os participantes na xornada destacaron a presenza dunha linguaxe habitual para eles e, sobre todo, reflexionaron sobre a soidade que rodea ás redes sociais e ás persoas que viven de e para elas.


 

Realmente foi unha xuntanza moi aproveitada!!!



Comentarios

Entradas populares de este blog

CLUB DE LECTURA ALUMNADO PT: LAS AVENTURAS DE TOM SAWYER

Visita á ExpOtaku co IES de Catabois

CLUB DE LECTURA 4º ESO: LAS CHICAS DE LA HABITACIÓN 305