CLUB DE LECTURA 4º ESO: LAS CHICAS DE LA HABITACIÓN 305


  O día 30 de maio, o noso Club de narrativa de 4º de ESO reuniuse para comentar a última novela de Ana Alcolea. 

Neste libro, a autora de Zaragoza narra a historia de seis rapazas de clase obreira e campesiña que comparten habitación nun internado. A súa convivencia non sempre resulta fácil, pero pouco a pouco van compartindo experiencias e madurando ata converterse en boas amigas.


Curiosamente, os e as participantes na actividade amosaron bastante curiosidade pola personalidade de Manolita, unha das protagonistas do texto caracterizada pola súa extrema religiosidade.

 
Non obstante, foi comentario xeral entre os nosos lectores e as nosas lectoras o escaso interese que espertou a novela neles e nelas por tratarse dunha obra de escasa acción e con excesivas referencias históricas que, ás veces, non viñan moito ao caso.

Moi críticos os asistentes ao Club!!!!




Comentarios

Entradas populares de este blog

CLUB DE MANGA

CLUB DE NOVELA GRÁFICA: V DE VENDETTA

CLUB DE LECTURAS CIENTÍFICAS: BACHARELATO