CLUB DE LECTURA NARRRATIVA FANTÁSTICA: EL VALS DE LA BRUJA



 O pasado 16 de maio reuniuse o noso Club de narrativa fantástica para comentar El vals de la bruja, unha amenísima novela de Belén Martínez.

Esta narración comeza unha noite na academia Covenant cando Eliza Kyteler e a súa prima Kate Saint German, dúas rapazas Sangue Negra, deciden espertar a todos os fantasmas do camposanto Little Hill, pero o feitizo falla e os que espertan son os cadáveres, que foxen de alí a toda velocidade. Á mañá seguinte, ambas son expulsadas e Eliza é invitada a escoller un marido de forma inmediata.

Nunha das festas á que acode en busca de parella, coñece a un Sangue Vermella, Andrei Bathory. polo que sente unha atracción inmediata a pesar de as relacións ente un Sangue Negra e un Sangue Vermella están prohibidas. Pero entón empezan a aparecer Sangues Negras desterrados cun órgano extirpado e a nosa protagonista, que cre que estes asasinatos están relacionados coa morte dos seus pais, decide resolver o misterio por si mesma. E así, xunto con Trece (o seu demo familiar), os seus primos (Kate e Liroy) e o seu amado Andrei, empeza a investigar... 

Os e as participantes do Club destacaron o carácter adictivo da narración, a boa caracterización dos personaxes e, sobre todo, a presenza dun final impactante e totalmente inesperado. Pero tamén analizaron o valor engadido que supuxo a inclusión na historia de personaxes históricos (como a raíña Victoria ou a condesa Bathory, familiar distante de Andrei).

Todos e todas quedamos encantados/as con esta lectura tan marabillosa!!!

 



Comentarios

Entradas populares de este blog

CLUB DE LECTURA ALUMNADO PT: LAS AVENTURAS DE TOM SAWYER

Visita á ExpOtaku co IES de Catabois

CLUB DE LECTURA 4º ESO: LAS CHICAS DE LA HABITACIÓN 305