CLUB MANGA BACHARELATO: AO NO FLAG


 

O pasado 9 de maio reuniuse o noso Club de Manga de Bacharelato para comentar Ao no flag, do autor xaponés Kaito. 

É este un manga de instituto que segue as vivencias dun grupo de rapaces de bacharelato que saben que a vida adulta está próxima e que deben tomar decisións importantes para o seu futuro.

O protagonista deste manga, Taichi Ichinose, é un rapaz seco e calado que empeza a manter unha relación estreita cunha rapaza chamada Futaba ata que ela lle pide axuda para conquistar a Touma, un amigo da infancia de Taichi e que é totalmente oposto a el (simpático, alegre e amable, o típico rapaz que enamora a todas as súas compañeiras). Xorde así un trío amoroso que deberá madurar a medida que acepta as consecuencias dos seus complexos, medos e decicións.


 Destacaron os nosos lectores a forza dos personaxes, a súa diversidade e, sobre todo, a profundidade coa que o autor traballa os seus problemas persoais... porque pronto descubrimos que Touma garda dous grandes secretos: a súa homosexualidade e a súa atracción oculta por Taichi.

E, por suposto, tivemos que seguir lendo...


Comentarios

Entradas populares de este blog

CLUB DE LECTURA ALUMNADO PT: LAS AVENTURAS DE TOM SAWYER

Visita á ExpOtaku co IES de Catabois

CLUB DE LECTURA 4º ESO: LAS CHICAS DE LA HABITACIÓN 305