CLUB MANGA BACHILLERATO: AO NO FLAG

 


 
O pasado 23 de maio reunímonos cos e coas participantes no noso Club de Manga de Bacharelato para seguir comentando Ao no flag, a marabillosa creación de Kaito.

 Rápidamente retomamos a historia da homosexualidade de Touma e das inseguridades do rapaz ao ser consciente de que se se mostra tal e como é, pode volver a moita xente contra el. Pero tamén analizamos a historia de Itachi, a mellor amiga de Futaba, que se sente atraída polas mulleres.


Todos destacamos o carácter cínico desta rapaza e o feito de que se obrigue a manter relacións con homes polos que nunca se sentirá realmente atraída, para deixalos pouco despois.


Pero tamén comprendimos que en realidade Itachi ten levantado un muro para evitar sufrir, un muro que non existe para Touma, co que mantén algunha das conversacións máis conmovedoras do manga, dada a súa conexión mutua por ser homosexuais e por ocultar a súa condición.

 


E chegamos á conclusión de que a sexualidade e a perspectiva da sociedade xaponesa ante a homosexualidade é o conflito central da historia.


 


Comentarios

Entradas populares de este blog

CLUB DE LECTURA ALUMNADO PT: LAS AVENTURAS DE TOM SAWYER

Visita á ExpOtaku co IES de Catabois

CLUB DE ADULTOS: BENVIDOS AO NORTE