CLUB DE LECTURA ALUMNADO PT: LAS AVENTURAS DE TOM SAWYER


 

Por petición de Rafa, o noso especialista en PT, profundamente comprometido coa necesidade de estimular a lectura comprensiva entre o alumnado con dificultades de aprendizaxe, decidimos crear un Club de Lectura entre os nosos rapaces e as nosas rapazas de reforzo dos distintos niveis educativos.  Con esa intención mercamos a novela de Mark Twain Las aventuras de Tom Sawyer nunha edición de lectura fácil adaptada para o alumnado con problemas lectores.

E realmente, a pesar das dificultades para crear un grupo de lectura e de ser constantes no desenvolvento da actividade, a iniciativa está resultando todo un éxito.

A diferenza do que facemos nos outros Clubs de Lectura, nos que comentamos as obras unha vez que se leron na casa, nesta ocasión facemos lectura conxunta en voz alta por capítulos na aula (e non na Biblioteca por cuestións de loxística) para promover a oralidade e para facilitar a comprensión global do texto a partir da análise de fragmentos pequenos.



Dada a boa acollida da actividade entre este alumnado noso tan reticente incialmente a iniciativas lectoras, o seguinte paso será tratar de ampliar o grupo de participantes, traballar na Biblioteca e buscar un horario flexible para que o Club poda seguir funcionando sen problemas. 

Aínda que moi probablemente esa será cuestión que desenvolveremos o curso próximo...



 


 

Comentarios

Entradas populares de este blog

Visita á ExpOtaku co IES de Catabois

CLUB DE ADULTOS: BENVIDOS AO NORTE