CLUB DE LECTURAS CIENTÍFICAS: ESO


O pasado13 de xuño celebramos a segunda reunión do noso Club de Lecturas científicas para comentar un relato do autor norteamericano de orixe rusa Isaac Asimov: "Robbie".


 

"Robbie" narra a historia dunha nena, Gloria, que ten un robot chamado Robbie como neneira. A nai de Gloria sente que a relación da súa filla con Robbie é antinatural e decide desfacerse del definitivamente. Gloria bota moito de menos ao seu amigo e nada do que fan os seus pais consegue consolala. Ata que un día os seus pais a levan á fábrica onde fabrican robots para que se convenza de que non son seres humanos. Alí, por casualidade, descobre ao seu antigo amigo traballando nunha cadea de montaxe e corre a abrazalo. No seu camiño crúzase un tractor que está a piques de aplastala, pero Robbie corre máis que ninguén ata que a salva. Ante esta acción heroica, a nai de Gloria cede, finalmente, e Robbie volve a casa.

 



Foi esta unha narración que gustou moito aos nosos rapaces e rapazas que debateron sobre o medo aos robots e sobre as vantaxes e desvantaxes que pode supoñer a súa presenza na nosa sociedade.




 

Comentarios

Entradas populares de este blog

CLUB DE LECTURA ALUMNADO PT: LAS AVENTURAS DE TOM SAWYER

Visita á ExpOtaku co IES de Catabois

CLUB DE ADULTOS: BENVIDOS AO NORTE