CLUB NARRATIVA 1º BACH: PERSÉPOLE


 

Durante o mes de decembro reunimos de novo ao noso Club de Lectura de 1º Bach para comentar a obra que fixo famosa a Marjane Satrapi: Persépole

Nesta novela gráfica, a autora relata as etapas máis importantes da súa vida: a súa nenez feliz e libre en Teherán, a chegada da revolución islámica e o integrismo relixioso, a súa viaxe a Europa na adolescencia, a volta ao seu país e o retorno definitivo a Francia na xuventude.


 Foi unha obra que lles gustou moito ás nosas lectoras e que suscitou un debate intenso sobre a situación da muller en diferentes lugares, pero que tamén nos permitiu reflexionar sobre o papel da relixión na sociedade, sobre as dificultades dos emigrantes para adaptarse aos países receptores e sobre a necesidade de loitar por acadar a propia felicidade, a pesar dos atrancos que nos pode poñer por diante a vida.


Comentarios

Entradas populares de este blog

DÍA DA POESÍA: RECITADO NAS AULAS

VISITA A EXPOTAKU CO IES FERROL VELLO

CLUB DE LECTURA 2º BACH: OS VELLOS NON DEBEN DE NAMORARSE