CLUB DE ADULTOS: CANCIÓN DULCE


 Durante o mes de decembro reunimos ao noso Club de adultos para comentar Canción dulce, de Leila Slimani. 

Esta interesantísima novela comeza coa narración do asasinato de dous nenos pola súa neneira, que trata de suicidarse despois do crime, aínda que non logra o seu propósito. A partir dese momento, a autora busca reconstruír a vida da neneira e da familia que a contrata nun relato angurioso e perturbador que non deixou indiferente a ningún dos participantes na sesión do Club.

E reflexionamos sobre as presións da muller ante a maternidade no mundo laboral, sobre os prexuízos de clase vixentes en Francia (e na nosa sociedade occidental), sobre o poder do diñeiro e os perigos do sometemento pero, sobre todo, debatemos sobre a interdependencia que se establece entre familia e coidadora que neste caso acaba en traxedia.



Comentarios

Entradas populares de este blog

DÍA DA POESÍA: RECITADO NAS AULAS

VISITA A EXPOTAKU CO IES FERROL VELLO

CLUB DE LECTURA 2º BACH: OS VELLOS NON DEBEN DE NAMORARSE